Carrito
Español
EUR €
A Técnica Contable
Bajo reserva
30,88 €
32,50 €
-5%
Impuestos incluidos
Pedido a proveedor. Envío en 15 días aprox.
Este libro desenvolve os contidos do módulo profesional de Técnica Contable, incluído no Ciclo Formativo de grao medio de Xestión Administrativa, pertencente á familia profesional de Administración e Xestión. Os contidos tratados correspóndense cos establecidos no currículo oficial vixente na Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 191/2010, do 28 de outubro. Ao longo de dez unidades aséntanse as bases da metodoloxía contable mediante o recoñecemento dos elementos que integran o patrimonio dunha organización económica, a súa clasificación en masas patrimoniais, a aplicación do Convenio de cargo e aboamento e do Método da partida dobre, e a identificación do contido básico do Plan Xeral de Contabilidade de pequenas e medianas empresas que permitirán entender o mecanismo dos rexistros necesarios para a elaboración dos libros contables e a formulación das contas anuais. Deseguido, apréndense a contabilizar as operacións de gastos e ingresos, as relativas ao inmobilizado, e as operacións financeiras que se levan a cabo na xestión empresarial, para finalmente proceder a realizar os axustes contables no peche do exercicio. Para rematar, preséntanse aplicacións informáticas específicas para a contabilización dos feitos contables, valorando a súa eficiencia na xestión do plan de contas. Así mesmo, cada unidade inclúe numerosas actividades resoltas, exemplos, esquemas, táboas, figuras, cadros con información adicional, mapas conceptuais e actividades fi nais de comprobación, de aplicación, e de ampliación que de seguro contribuirán a acadar os obxectivos fixados ao inicio do estudo desta materia. En definitiva, A técnica contable contribúe a que se adquiran de forma progresiva e continua as competencias necesarias para que o futuro técnico poida desenvolverse con éxito no mundo laboral. O autor, licenciado en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela, é profesor en activo no corpo de profesores técnicos de formación profesional con máis de dez anos de experiencia profesional na docencia de Ciclos Formativos e de Formación para o Emprego da familia de Administración e Xestión. Ademais, é especialista no emprego de aplicacións informáticas e no desenvolvemento das novas tecnoloxías orientadas á xestión empresarial.
Visto recientemente
Libros de texto
Formula B2 First Coursebook and Interactive eBook without Key with Digit
47,50 €
50,00 €
16 productos en la misma categoría:
FP - Ciclos Formativos
Complete Preliminary Second Edition English For Spanish Speakers Student'S Book Without...
42,94 €
45,20 €
FP - Ciclos Formativos
Complete Advanced Third Edition. Workbook With Answers With Ebook
30,11 €
31,70 €
FP - Ciclos Formativos
Seguridad Y Evaluación De Riesgos Profesionales En Parques Eólicos
11,88 €
12,50 €
FP - Ciclos Formativos
Complete First Students Book With Answers English For Spanish Speakers
43,89 €
46,20 €
FP - Ciclos Formativos
Mindset for IELTS with Updated Digital Pack Level 1 Teachers Book with Digital Pack
36,67 €
38,60 €
FP - Ciclos Formativos
Comunicación Oral Y Escrita En La Empresa - Microsoft Office 2016
12,35 €
13,00 €
FP - Ciclos Formativos
Writers At Work The Paragraph , Student'S Book With Digital Pack
44,93 €
47,30 €